Hai cousas que só podes escribir nun idioma. É certo. ¿Recordas? Eu ainda. Ainda que me pese. Xa non voltarán os bos desexos, aqueles sorrisos. De nada serve nadar nun mar de bágoas na cidade da choiva. Recordos doutros mares, doutras estancias, doutras miradas, doutras noites...Recordos que volven, si, volven, eles si. Non hai xa refrexo algún. Parece que sempre estiveches aquí, preto miña, nalgures, nalgún lugar. Non son quén de escribir. Xa non sei o que pensar. Nunca souben o que che dicir. Nunca saberei o que ocorreu, nunca saberei o por qué. ¿Quén son eu? Que máis ten. Da igual o que faga. Da igual en quen pense. Farei calquer cousa por calquera, pero sempre o fixen por ti. Non coido da xente. Coido de ti. O resto importame, si, pero coido deles pensando en ti. Mirando pra ti. Véndote a ti neles. Negándomo. Soñando ás veces. Espertando outras. Sobrevivindo sempre. Xa non sei, nunca o souben. Hai algo que creo que sei. Pode ser verdade. Pero non sei se escribilo. Ainda que eso non me da medo. Ben o sabes. Nunca o tiven. Ainda que ás veces só sexa pouco máis ca un raparigo. Home en corpo de neno. Neno a maior parte das veces. Home algunhas. Eu sempre.
Estou parado agora mesmo, relendo todo isto. Son cousas que ás veces se me veñen á cabeza. Abrázanme. Bícanme, incluso. Pero nada disto é certo. Houbo tempos no que si. ¿Onde quedan? Seino. Nunca escribin sobre isto. Creo que mo debía. Creo que vou levar unhos lapotes por facelo. Son de pedras dormidas. Son de camiños, son de ventos. Como as palabras. Veñen, volven, vanse. Pra irse a ningures. Pra non deixarme dormir. E quedo quedo, si, quedo. Mirando ó meu arredor. ¿Que fas escribindo isto? Pode que non sexa máis ca un monólogo interno. Pode que nunca escribira en galego. Leo estas palabras, e así a todo gústame. Pero, en fin. Sei que esto non serverá de nada. Non, xa non. Pode parecer triste. Pode que nunca leas isto. Pode. Un aplauso. Pode. Porque o día no que nos volvamos a ver, será xamáis.
(Bueno, si, tengo alma, tuve alma...)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Escritos de alcohólico vol. 12.
ResponderEliminar